11 diciembre 2008

iGalicia

Dúas noticias chégannos relacionadas con internet e Galicia. Primeiro o lanzamento de Galinux, sistema operativo libre, gratis e en galego. Galinux esta baseado na popular distribución Ubuntu(linux para seres humanos), polo que poderá ser actualizado periodicamente desde internet.
Leer máis en Mancomun.org

Descarga Galinux

A segunda noticia é da empresa R que anuncia que ofertará ao 70% dos seus clientes 100Mbps no 2009. Aseguran dende R que desde o pasado 1 de decembro 12.000 fogares e empresas poden dispoñer de velocidades de acceso a Internet de 30 e 100 megas. Tendo en conta que a oferta actual de ADSL e cable vai dos 3Mbps os 20 Mbps o salto de velocidade é moi importante.

Leer máis en El País
Estudio velocidad ADSL 2008 de ADSLZone

No hay comentarios: