22 octubre 2010

Día da Ciencia en Galego

O día 4 de novembro de 2010 celebraremos o primeiro día da Ciencia en Galego dedicado a exaltar o papel da Ciencia e a da Tecnoloxía na creación e profundamento da Cultura Galega. A actividade realizarase en toda Galicia o mesmo día.

Convocan: APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia); ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia); AGAPEMA (Asociación Galega do profesorado de Educación Matemática); CENDL (Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística); IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia); SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estadística); UDC (Universidade da Coruña); ILG (Instituto da Lingua Galega); CIG (Confederación Intersindical Galega); STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores de Galicia); NEG (Nova Escola Galega) e AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).

Este ano dedícase a Alfonso X, Ramón Aller e James Clerk Maxwell, personaxes nos que podemos ver reflexado o papel determinante dos coñecementos Científicos e Tecnolóxicos na cultura e evolución dos pobos.

Está dirixida a todos os centros de ensino infantil, primario e secundario, ciclos formativos e bacharelato. Proponse facer unha actividade común: construír ou poñer a voar papaventos en cada centro, carteis e exposicións diversas onde se poden incluir textos sobre Ramón Mª Aller, Alfonso X e Maxwell. Así como outras actividades que poidan xurdir en cada centro divulgando a Ciencia e a Tecnoloxía.
Máis información sobre a actividade na web: http://www.cienciaengalego.org/

E pódese seguir a organización deste no Facebook

Ademais, en coordinación coa Coordinadora ENDL e a colaboración de Apetega e capitaneado pola incombustible María Loureiro ideouse unha actividade para traballar lingua galega e tecnoloxía. Chámase: "Revoltallo de termos. A tecnoloxía en galego".
Trátase de facer nunha primeira fase unha recompilación de vocabulario tecnolóxico en galego, e na xornada do 4 de novembro idear actividades a facer co léxico recollido. Pódese atopar toda a información, o formulario e a listaxe en http://www.tecnoloxia.org/revoltallo

17 octubre 2010

Ordenadores cuánticos

Imprescindible entrevista sobre computación cuántica a cargo de Juan Ignacio Cirac, investigador del Instituo Max Plank de Alemania. La entrevista fué emitida en el programa de la2 "Científicos de frontera". Muy interesante.

ordenadores cuánticos de Juan I. Cirac from tecnoloxiajorge on Vimeo.