12 junio 2011

VI Mostra de proxectos "Tecnoloxía na rúa"

Celebrouse o pasado venres 10 de xuño, na praza do Toural de Santiago de Compostela, a VI Mostra de proxectos "tecnoloxía na rúa", organizada por APETEGA e o IES Rosalia de Castro. Puidéronse ver numerosos proxectos de tecnoloxía de diferentes centros de toda Galicia, destacando o invernadoiro xeodésico do IES de Brión, unha mostra de xoguetes tradicionais do IES A Cachada de Boiro, traballos do IES Valadares de Vigo, obradoiro de látex e de Gimp do IES Francisco Asorey de Cambados, traballos do IES Lamas de Abade de Santiado, e por suposto, do IES Rosalia de Castro.



A Mostra na prensa:
El correo gallego
El correo gallego II
La voz de galicia