Asociación de Profesores de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) convoca un concurso para o deseño do cartel anunciador das IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia. O deseño do cartel debe incluír os seguintes textos:
IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
24 e 25 de abril de 2009
IES Otero Pedrayo – Ourense
APETEGA
www.apetega.org
... e algún dos seguintes logos.
O poster poderase realizar en calquera formato gráfico dixital (PDF, ODF, SVG, PNG, GIF, JPG, BMP, TIFF), rematando o prazo de presentación o 6 de febreiro de 2009. Outorgarase un único premio ao cartel gañador do concurso consistente en material electrónico/informático valorado en 150 €.
Aquí tedes os traballos presentados o ano pasado.
Máis información en bases en pdf
Podes realizar o traballo dende calquera programa de deseño gráfico como Inkscape (vectorial) o Gimp (raster). Ambos software libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario