08 febrero 2010

Concurso de presentacións informáticas

Convócase o Concurso "Ignacio López Bueno" de presentacións informáticas que este ano estará adicado a Biodeversidade Galega.
O concurso vai dirixido aos alumnos e alumnas de ESO, BACHARELATO e CICLOS que estean matriculados no presente curso 2009-2010 en centros de GALICIA.

Os traballos consistirán nunha presentación informática na que se poderán incluír fotos, vídeos, música, etc... e que xirará en torno riqueza natural de especies que queremos que perduren para o futuro, e terán como data límite para a súa presentación o día 26 de Marzo do 2010.

A entrega poderá realizarse personalmente, na Secretaría do centro, por correo ordinario ou por correo electrónico.

Establécense dúas categorías: unha para alumnos da E.S.O. e outra para alumnos de BAC e FP. Para cada categoría haberá un premio dotado con 150 € en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros e o correspondente diploma.

Máis información wed do I.E.S. Trasancos de Narón

No hay comentarios: