10 noviembre 2009

concurso e conferencia en Gradiant


Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, no marco da Semana da Ciencia convoca o I Concurso de Relatos Curtos de Ciencia Ficción, baseándose no tema "A túa escola do futuro". O prazo remata o día 11 de novembro. Máis información ...

Por outra banda, no contexto da Semana da Ciencia 2009, tamén organiza unha xornada sobre creación de videoxogos en Galicia: A historia do videoxogo en Galicia será explicada por un experto de Continental Games, que tamén nos explicará como producen os seus videoxogos, incluidos os que están a facer para Wii. Falaran ademais da biometría aplicada ós videoxogos. Un experto de Gradiant ocuparase deste tema e ensinará en que consiste a inmersión en escenas 3D, a detección e seguemento de caras, a realidade aumentada e outras demostracións prácticas.
Máis información

No hay comentarios: