25 octubre 2009

Obradoiro de robótica e concurso

O vindeiro mércores día 11 de novembro, na "Casa das asociacións" (Avenida de Vilagarcía, nº 43)en Santiago, este centro participará no obradoiro "A maxia da robótica" organizado pola Institución Galega de Ciencia é participar na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO, de maneira sinxela e divertida en tan só unha hora, coa preparación previa dunha hora de introducción e familiarización cos robots e a linguaxe da robótica.

O kit está composto por un ladrillo intelixente, que é o encargado de mandar ordes aos motores e sensores para que o robot realice o que desexamos, diversas pezas de LEGO para poder construír o robot, dous motores, distintos sensores como o de presión (para saber se se choca con algo), de luz ou de infravermellos (para diferenciar o negro do branco), etc.
Tamén se pode participar no Concurso Galego de Robótica (Bases).

No hay comentarios: