25 marzo 2007

Sí a la tecnología



NOVAS ACTUACIÓNS REIVINDICATIVAS: ACUDE POLA CALIDADE DO ENSINO!!

Máis convocatorias para facernos escoitar!

Logo do éxito das dúas últimas actuacións nas que pretendiamos que a Consellería nos escoitara nas nosas reivindicacións, e tamén contando coa colaboración do sindicato CIG, É MOI IMPORTANTE QUE CONTINUEMOS MANTENDO A NOSA DETERMINACIÓN A PROTESTAR POLA REDUCIÓN HORARIA QUE A CONSELLERÍA QUERE ACOMETER! Por esta razón, convocamos a todo o profesorado de Tecnoloxía que poida asistir ós seguintes actos reivindicativos:

* Luns 26 de marzo ás 11:00 horas, na entrada do edificio administrativo da Xunta en Santiago. Representantes de APETEGA, ASOMÚSICA e do sindicato CIG farán entrega no Rexistro da Consellería de Educación das sinaturas recollidas en contra da proposta da Consellaría pola que se reducen os horarios de Tecnoloxía, Música e Plástica. Lembrámosche que tamén se pode asinar on-line en: http://www.cig-ensino.com/sinaturas.php

* Mércores 28 de marzo ás 16:30 horas, na entrada do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), situado en S. Lázaro (Santiago de Compostela). Aquí terá lugar a celebración do Consello Escolar de Galicia, no que se debatirán, entre outras cousas, as emendas presentadas á proposta de carga horaria que fixo a Consellería de Educación. Aínda que é un día de xuntas de avaliacións nos centros escolares, PRÉGASE QUE TODO O PROFESORADO QUE POIDA ASISTIR ACUDA PARA QUE OS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR SAIBAN DAS NOSAS NOSAS REIVINDICACIÓNS E SE SENSIBILICEN CON ELAS.

No hay comentarios: