“No es que me guste la tecnología, es que es necesaria”
Tal e como se acordou hoxe venres 16 de marzo pola tarde na asemblea que se celebrou no IES "Monte de Conxo" de Santiago, convocada polo sindicato CIG, para todo o profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica, O MOMENTO DECISIVO CHEGOU: o mércores 21 de marzo concentrarémonos o profesorado das tres especialidades en Santiago de Compostela.
Actuaremos do seguinte xeito:
* Ás 11:30 faremos unha primeira concentración na Praza da Quintana de Santiago de Compostela. Nela van a realizar unha "actuación" de protesta profesores e profesoras de música e plástica e tamén estaremos canda eles o profesorado de tecnoloxía coas nosas pancartas.
* Ás 12:30 os que participen da primeira concentración na Quintana chegarán ao Edificio Administrativo de s. Caetano para unirse aos compañeiros e compañéiras que só poidan chegar para esta hora. Aquí estará o momento de maior reivindicación: teñen que oír as nosas consignas na consellería e ten que recibirnos a conselleira.
Asina en favor da educación tecnolóxica
No hay comentarios:
Publicar un comentario