18 diciembre 2010

Webs dinámicas, por Antonio Lomba

Reflexións de Antonio Lomba, unha referencia sobre webs de tecnoloxía, sobre o proxecto de webs dinámicas. Publicado o 9 de decembro de 2010 en tecnoloxia.com.

A Xunta de Galicia deixa morrer un gran proxecto educativo

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia arrancou fai algúns anos, concretamente en 2006, cun marabilloso proxecto que se chamaba web´s dinámicas. Un proxecto horizontal baseado en software libre que permitiría, cunha inversión moi pequena, que tódolos centros de Galicia tiveran presencia activa na rede. O proxecto consistía en dar acceso, aos centros que o foran demandando, a plataformas de xestión de contidos; concretamente, Drupal, para contidos xenéricos; Moodle, para contidos educativos e Coppermine, para galerías de imaxes. Tamén se incorporou a este proxecto, creo recordar que con certos problemas, unha plataforma para a elaboración de webquest, phpwebquest; e máis tarde, unha plataforma para elaborar wikis.

Todo pintaba perfecto, moitos empezamos a traballar cas ferramentas que nos ofrecían, xa empezábamos a contar con bastante ordenadores e aulas de informática nos centros e agora tratábase de dar o seguinte paso, ter presencia en internet, crear e xestionar contidos educativos e darlle un uso didáctico a eses ordenadores.

Moitos centros, moitos profesores e moitos alumnos, levamos anos traballando neste proxecto que permite que os centros teñan un sitio no espacio virtual de internet, que os profesores nos centremos na elaboración e xestión de contidos e que os alumnos dispoñan dunha ferramenta de futuro, unha ferramenta web 2.0

Parecía que por fin había un proxecto educativo en Galicia que nos subiría ao carro das novas tecnoloxías. A nivel de participación debeu ser un éxito xa que chegou un momento que desbordou as previsións e o servidor no que estaban aloxadas as aplicacións empezou a dar sinais de sobrecarga. Parecía que había que seguir potenciando o proxecto e montouse outro ordenador máis potente para que servira de aloxamento a tanta produción e demanda como se estaba producindo...

seguir lendo...

No hay comentarios: