27 abril 2009

Richard Stallman en Galicia

Y las conclusiones de la prensa el día después...


Richard Stallman, iniciador do movemento do Software Libre, estará en Galicia os próximos días e dará as seguintes conferencias:

* En Santiago de Compostela,o 29 de Abril a partir das 10:30 na Facultade de Filosofía, intervirá tras a presentación de Trisquel Mini, a nova edición lixeira do sistema operativo Trisquel GNU/Linux, e pronunciará unha conferencia co título "¿Qué es el Software Libre?". Neste evento todo o mundo é benvido.
* O mesmo día 29 de abril, no ateneo de Ourense, ás 20:30 h, Richard M. Stallman pronunciará outra conferencia, co título "Software libre o software subyugante: ¿Quién tiene el control de tu computadora?". A esta conferencia tamén pode acceder libremente quen queira.
* O xoves 30 de abril, no auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo, a partir das 16:00 h, Richard M. Stallman pronunciará dúas conferencias cos títulos "El Movimiento del Software Libre" e "El Peligro de las Patentes de Software". Estas conferencias están enmarcadas no Máster en Software Libre de Caixanova. Para poder asistir é necesario cubrir un formulario, por razóns de cálculo do aforo.

No hay comentarios: