22 junio 2007

Gañadores Galicia Innovación 2007



Varios alumn@s deste centro foron finalistas desta edición dos premios Galicia Innovación Junior 2007, sendo Rosalía Gómez Lasheras a gañadora na categoria de 12 a 15 anos, coa súa Cuberta automática para piscinas, unha solución para protexer da chuvia a auga de piscinas públicas, de comunidades de propietarios ou de vivendas privadas. Un sistema incorporado á piscina desprega unha cuberta sobre a mesma en canto detecta que está chovendo.

O resto de finalistas desta mesma categoria foron:

Álvaro Rodríguez Reino con Alarma antirroubo para mochilas: sistema que avisa cando se abre a cremalleira dunha mochila mediante un díodo led visible ao portador, unha alarma sonora e un dispositivo vibrador. A fonte de alimentación instálase no fondo da mochila e os cables entre as costuras.

Beatriz de Uña Bóveda con Sistema de eliminación de dióxido de carbono: é un circuíto no que se introduce o CO2 procedente da queima de combustibles fósiles a gran presión e a menor temperatura nunha disolución de Ca (OH)2, é dicir, de cal viva con auga. O H2CO3 que se forma ao sumar H2O e CO2 reacciona dando lugar a un precipitado de CaCO3 non contaminante.

Marina Lamas Propín e Raquel Noya Goyanes con Cepillo-aspirador para animais: evita que ao cepillar as mascotas o pelo quede no cepillo ou caia ao chan. O dispositivo consta duns buratos que, mentres as púas pasan entre o pelo do can, o aspirador recolle o que queda solto nun depósito extraíble situado no mango do cepillo.

Enhoraboa a tod@s. A entrega de premio será o vindeiro venres, 29 de xunio, as 18:00 no salon de actos do Museo do Pobo Galego.

Leer más en La Voz de Galicia

Aquí tedes o video da pasada edición con gañadores tamén deste centro:

No hay comentarios: