25 mayo 2011

Electrotecnia en 2º de BAC

Xa temos a confirmación de que finalmente a partir do próximo curso o IES Rosalia de Castro ofertará Electrotecnia en 2º de bacharelato. Esta materia é unha continuación dunha parte da tecnoloxía da ESO, xa que é unha mestura entre electricidade, electromagnetismo, máquinas eléctricas e electrónica.

¿Quen debe escoller esta materia? Se premedes na seguinte ligazón veredes a ponderación na PAU da Electrotecnia para os diferentes graos. Pondera con 0.2 en Física, Arquitectura Naval, Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenv. do Produto, Enxeñaría Industrial de Procesos, Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Obras Subterr., Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, Enxeñaría en Organización Industrial, Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque, Enxeñaría en Química Industrial, Enxeñaría Agraria, Enxeñaría das Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría de Enerxía, Enxeñaría Forestal, Enxeñaría Informática, Enxeñaría Mariña, Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Náutica de Transporte Marítimo. Tamén nos correspondentes ciclos formativos de grao superior da familia profesional correspondente.

CONTIDOS DA MATERIA

Fundamentos e fenómenos eléctricos.

-Campo eléctrico, diferenza de potencial e forza electromotora. Carga eléctrica e capacidade.
-Intensidade e densidade de corrente. Resistencia eléctrica.
-Traballo, enerxía e potencia. Efectos da corrente eléctrica: luz e calor.
-Efectos da corrente eléctrica sobre o corpo humano. Seguridade e normas.
-Magnitudes e unidades eléctricas.

Fundamentos e fenómenos electromagnéticos.
-Campo magnético. Imáns. Intensidade de campo, indución e fluxo magnético.
-Campos e forzas magnéticas creados por correntes eléctricas. Forzas electromagnética e electrodinámica. Forza sobre unha corrente nun campo magnético.
-Propiedades magnéticas dos materiais. Circuíto magnético. Forza magnetomotora e relutancia.
-Indución electromagnética: leis fundamentais. Autoindución.
-Efectos da corrente eléctrica: principio de funcionamento das máquinas eléctricas.

Circuítos eléctricos.
-Circuíto eléctrico: xeradores e receptores. Análise de circuítos de corrente continua: leis e procedementos. Conexión de receptores. Divisores de tensión e de corrente.
-Características e identificación de resistencias e condensadores. Xeradores: pilas e acumuladores. Carga e descarga do condensador.
-Características e parámetros da corrente alterna. Efectos da resistencia, da autoindución e da capacidade na corrente alterna. Impedancia: reactancia, capacidade e indutancia. Variación da impedancia coa frecuencia: resonancia.
-Análise de circuítos sinxelos de corrente alterna monofásica: leis e procedementos. Potencia en corrente alterna. Factor de potencia e corrección.
-Sistemas trifásicos: xeración, conexón e tipos. Potencia en sistemas equilibrados.
-Representación gráfica das magnitudes da corrente alterna: fasores.
-Elaboración e interpretación de esquemas eléctricos de circuítos característicos de c.c. e de c.a. empregando a simboloxía normalizada.

Máquinas eléctricas.
-Funcionamento, constitución, tipos e conexión das máquinas eléctricas: transformadores e máquinas de corrente continua e de corrente alterna.
-Potencia, par motor, perdas e rendemento. Circuíto equivalente. Ensaios e aplicacións. Seguridade.
-Medidas en circuítos eléctricos.
-Medidas en circuítos de corrente continua e corrente alterna. Instrumentos e procedementos de medida.
-Medida de magnitudes básicas en circuítos electrónicos. Instrumentos e procedementos de medida.
-Localización de avarías en instalacións eléctricas e circuítos electrónicos.

Electrónica.
-Semicondutores. Díodos, transistores e tiristores. Verificación dos valores característicos.
-Rectificadores, amplificadores e multivibradores. Fontes de alimentación.
-Circuítos integrados: amplificadores operacionais e circuítos lóxicos.
-Circuítos básicos de control de potencia e de tempo.
-Elaboración e interpretación de esquemas electrónicos de circuítos característicos empregando a simboloxía normalizada.
-Eficiencia enerxética dos dispositivos electrónicos. Instalacións eléctricas.
-Xeración, transformación, distribución e transporte da enerxía eléctrica.
-Instalacións de iluminación, calefacción e forza motora: normas e seguridade.
-Consumo enerxético e estratexias de aforro en instalacións eléctricas domésticas e industriais.

DCB completo (páx 12.281)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que ben!