22 junio 2007

Gañadores Galicia Innovación 2007



Varios alumn@s deste centro foron finalistas desta edición dos premios Galicia Innovación Junior 2007, sendo Rosalía Gómez Lasheras a gañadora na categoria de 12 a 15 anos, coa súa Cuberta automática para piscinas, unha solución para protexer da chuvia a auga de piscinas públicas, de comunidades de propietarios ou de vivendas privadas. Un sistema incorporado á piscina desprega unha cuberta sobre a mesma en canto detecta que está chovendo.

O resto de finalistas desta mesma categoria foron:

Álvaro Rodríguez Reino con Alarma antirroubo para mochilas: sistema que avisa cando se abre a cremalleira dunha mochila mediante un díodo led visible ao portador, unha alarma sonora e un dispositivo vibrador. A fonte de alimentación instálase no fondo da mochila e os cables entre as costuras.

Beatriz de Uña Bóveda con Sistema de eliminación de dióxido de carbono: é un circuíto no que se introduce o CO2 procedente da queima de combustibles fósiles a gran presión e a menor temperatura nunha disolución de Ca (OH)2, é dicir, de cal viva con auga. O H2CO3 que se forma ao sumar H2O e CO2 reacciona dando lugar a un precipitado de CaCO3 non contaminante.

Marina Lamas Propín e Raquel Noya Goyanes con Cepillo-aspirador para animais: evita que ao cepillar as mascotas o pelo quede no cepillo ou caia ao chan. O dispositivo consta duns buratos que, mentres as púas pasan entre o pelo do can, o aspirador recolle o que queda solto nun depósito extraíble situado no mango do cepillo.

Enhoraboa a tod@s. A entrega de premio será o vindeiro venres, 29 de xunio, as 18:00 no salon de actos do Museo do Pobo Galego.

Leer más en La Voz de Galicia

Aquí tedes o video da pasada edición con gañadores tamén deste centro:

11 junio 2007

Mostra proxectos tecnoloxía

Noticia en la Voz de Galicia

O 15 de xuño celebrarase a exposición de proxectos Tecnoloxía na rúa III. Esta exposición organizada por APETEGA (Asociación de Profesores/as de Tecnoloxía de Galicia) reune de novo na rúa os proxectos dos nosos alumnos e alumnas. Será o venres 15 de xuño pola tarde, na Praza do Toural, e na que colabora de xeito especial o IES Rosalia de Castro.
Aquí tedes fotos da mostra do pasado ano FOTOS

E un video sobre a mostra de proxectos de tecnoloxía organizada por APETEGA na praza do Toural de Santiago o pasdado curso.

04 junio 2007

Surface

Así se llama un futurista ordenador plano que tiene forma de mesa y una gran pantalla táctil en lugar de ratón o teclado.

Se trata de un paso más allá en el hogar del futuro visto por Bill Gates, el cofundador de la compañía Microsoft, en el que la voz y el tacto reemplazarán los teclados y ratones.

El producto, llamado Microsoft Surface, tiene una pantalla de unos 70 centímetros protegida por un plástico y permite tocar y mover los objetos en la pantalla para hacer puzzles, colorear (el usuario puede elegir los colores con el dedo, en cubos virtuales) o compartir fotos de manera muy intuitiva.





Más en La Voz de Galicia

y también otro video sobre pantallas planas: